Na xornada deste martes 24 de novembro, comezaban as actividades programadas pola Concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Concello do Barco, para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Así, desde ás 9 horas están en marcha no salón de actos do edificio multiusos do Concello, os “Obradoiros sobre a Violencia de Xénero en Contextos Dixitais”, dirixidos ao alumnado de 1º da ESO dos IES Martaguisela e Lauro Olmo.
Esta actividade lévase a cabo en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, no marco do acordo de Colaboración con a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia.
Mañá ás 12 horas será a concentración na praza do Concello.

Fotos cedidas.