
Na xornada do luns 23 de novembro a veciñanza valdeorresa recibía con pesar a nova do falecemento de Mª Lourdes Rodríguez, a Farmacéutica de Petín, unha persoa moi querida en toda a comarca, especialmente por todo aquel que nalgún momento pasou pola súa Farmacia. Sempre tiña un sorriso, unha palabra amable e sobre todo un remedio.
Levaba tempo xubilada, estando á fronte do negocio o seu fillo, pero seguía sendo igual de querida, especialmente en Petín. De feito, era a homenaxeada da Festa da Freba do ano 2024. “Quen non dixo algunha vez Doña Lourdes, que podo tomar? Seguro que moitos daquí e tamén da Rúa e pobos do redor”, aseguraba nese momento a alcaldesa, Raquel Bautista, asegurando que malia non nacer alí era considerada unha petinesa máis, recibindo o recoñecemento do Concello polo “seu traballo e adicación á fronte da nosa farmacia, sendo un exemplo, tanto no profesional como no humano, estando sempre ao servizo do pobo”.
Viuda de Casiano Rodicio Quevedo e nai de dous fillos, Javier Casiano e Lourdes (Chichi), falecía onte aos 90 anos de idade. A capela ardente está no Tanatorio San Antón, na Rúa, e o funeral será este martes 24 de novembro ás 16 horas na igrexa parroquial de Santiago Apóstolo de Petín.

Fotos: Mónica G. Bellver.