EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia premia o labor de apoio a este material dos colexios profesionais e escolas de arquitectura e arquitectura técnica de Galicia

Este recoñecementos entregábanse no marco do II Premios Pioneiros da Lousa, celebrado este 24 de novembro en Vilamartín

 

Nesta segunda edición dos Premios Pioneiros da Lousa tamén se recoñecía o labor de divulgación, desenvolvemento de aplicacións e posibilidades da lousa que se impulsa dende os colexios profesionais vinculados coa construción en Galicia e tamén dende os centros universitarios. Así o adiantaba na súa intervención o presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Eliseo López. Estes premios entregábanse na segunda parte da gala, celebrada no Complexo Hostaleiro Paladium de Vilamartín.

“Dende o Clúster da Pizarra traballamos na defensa dos intereses das empresas produtoras e da promoción da lousa, por iso usamos o seu coñecemento e potencial como material construtivo, debido ás súas cualidades, entre prescritores, arquitectos, arquitectos técnicos e enxeñeiros civís”, dicía López, e nesa liña, continuaba, decidíase recoñecer “neste acto o labor dos que contribúen a achegar a lousa a arquitectura universitaria, dende o ámbito académico e dende o ámbito profesional. Por unha banda, aos centros universitarios que forman alumnos para que coñezan e exploren todas as fórmulas construtivas da lousa,e,por outra banda, ás escolas superiores de arquitectura e arquitectura técnica das universidades da Coruña, así como aos colexios profesionais de arquitectos e arquitectos técnicos que dan a coñecer as aplicacións e posibilidades deste material”.

 

 

Deste xeito, facíase entrega de catro galardóns nesta edición, que lle correspondían á Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e la Escola Técnica Superior de Arquitectura, ambas as da Universidade da Coruña; ao Consello Galego da Arquitectura Técnica e ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

 

 

Para recoller o primeiro dos premios subía ao escenario Juan Luis Pérez, director da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica de la Universidade da Coruña, quen destacou como o sector leva décadas demostrando a súa capacidade de innovación e de xeración de riqueza, e poñía o foco en la necesaria colaboración entre empresas e universidade e no apoio da Xunta.

 

 

Pola súa banda, Miguel Abelleira, director da Escola Técnica Superior de Arquitectura, referíase ao papel desta institución e á súa contribución ao sector da lousa, con iniciativas específicas como as visitas ás canteiras de estudantes.

 

 

Ademais, dende os órganos profesionais, José Manuel Grandío, presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Lugo e do Consello Galego da Arquitectura Técnica, agradeceu en nome desta entidade e dos colexios de Ourense, A Coruña e Pontevedra o galardón. O decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Luciano González Alfaya, sinalaba a necesidade dun traballo conxunto e falaba en defensa dunha arquitectura de calidade, na que xogan un papel esencial os materiais, nomeadamente, a lousa.

 

 

Estes catro recoñecementos eran entregados polo director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles Remy; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor Pérez; a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana Somoza, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, respectivamente. As institucións premiadas estiveron representadas por responsables dos seus órganos directivos e representantes dos colexios profesionais das catro provincias galegas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeos: O SIL.

 

 

 

Back to top button