Unhas 200 persoas asistían neste 24 de novembro en Vilamartín á gala de entrega dos II Premios Pioneiros da Lousa, promovida polo Clúster da Pizarra de Galicia. O acto, que se desenvolvía no Complexo Hostaleiro Paladium, concluía cun xantar.
A gala estaba intercalada polas actuacións de dúas integrantes da Asociación de Música Alternativa de Valdeorras (AMAVA): Andrea Velasco (voz) e Iria Rodríguez (piano).
Ademais, no marco desta gala podía visitarse a exposición «Lousa», impulsada polo clúster e que reúne as imaxes do fotógrafo Juan Rodríguez nun traballo coordinado polo arquitecto Carlos Quintáns.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: A.R.