CarballedaConcellosÚltima hora

Ponse en marcha o operativo invernal da Xunta na OU-122, en Carballeda de Valdeorras

Retirábase neve e estendíanse 2 toneladas de fundentes (sal) ao longo de cinco quilómetros nesta estrada autonómica

 

O operativo de vialidade invernal despregado pola Xunta retiraba esta mañá neve e estendeu 2 toneladas de fundentes (sal) ao longo de cinco quilómetros na estrada autonómica OU-122 ao paso polo concello de Carballeda de Valdeorras. Ata o lugar, situado entre os pq 21 e 26 da estrada, desprazouse persoal do operativo cunha máquina quitaneves para realizar estes traballos, que continúan agora, unha vez retirada a neve, coa vixilancia da estrada no lugar.

 

 

Trátase da primeira saída das máquinas quitaneves desta tempada, no marco do operativo de vialidade invernal da Xunta. A Administración autonómica ten mobilizadas máis de 350 persoas e de 200 vehículos e maquinaria desde os 23 Centros de Conservación e Explotación de Estradas (COEX) en servizo nas catro provincias galegas.

 

Back to top button