
O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, abordou hoxe coa Policía Nacional e ca Garda Civil a preparación do dispositivo de seguridade para as elección xerais do 29N.
Segundo o exposto no encontro, ambos corpos establecerán a intensificación da vixilancia nos espazos físicos e nas infraestruturas críticas implicadas na xornada electoral, así como a vixilancia do ciebrespazo para garantir contornas seguras.
A Policía Nacional contará con 303 efectivos, entre os que se inclúen tamén efectivos da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma. A Garda Civil despregará 823 gardas civís e a Policía Local, 91 axentes. O total de efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Policía Local ascende a 1.217 persoas, que garantirán a seguridade durante todo o proceso.
Na reunión participaron o tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Rafael Berguillo, o comisario accidental da Policía Nacional de Ourense, Alberto Vidal, e o inspector xefe provincial da Brigada de Seguridade Cidadá da Policía Nacional, Pablo Álvarez.