PolíticaÚltima hora

A directiva da Federación Galega de Caza en Ourense reúnese con Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana

Foto cedida.

 

Na xornada deste xoves 26 de novembro o presidente e a vicepresidenta da FGC en Ourense, Vicente Lameiro e Uxía Portela, reuníanse na cidade das Burgas coas candidatas do Partido Popular, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana, que escoitaron e tomaron nota das súas peticións.

“Agradecemos a predisposición que mostraron”, asegura Lameiro, engadindo que “foi o único partido en Ourense que nos convocou para oír as nosas demandas”.

Dende a FGC en Ourense deséxanlle “moita sorte ás candidatas nas eleccións do domingo polo ben da caza, dos cazadores e de todos os ourensáns”, din, agradecendo tamén a presenza e a cordialidade do presidente da mesa galega e a Juan Tegsages “polo seu bon facer”.

Back to top button