BoxeoDeportesÚltima hora

A pesaxe dos púxiles quenta o ambiente para a velada de MMA e K1 que se celebrará esta noite no Barco

 

Na noite deste sábado 28 de novembro, un mes despois da xuntanza de membros das diferentes delegacións do Graíño Team nas novas instalacións do Centro Deportivo Valsport, O Barco de Valdeorras acollerá unha nova edición do MFC 056. Un evento mixto de K1 e MMA no que participarán catro loitadores barquenses adestrados polos irmáns Pardo, Juan e Luis.

En MMA, por parte do Graíño Team O Barco competirán tres loitadores: Brián Guaita -76 kilos; Alejandro Menéndez -64 kilos; e  Felipe Morales -75 kilos. E como prato forte da noite, en K1 -63 kilos Ramón Núñez (Club Kickboxing Valdeorras) disputará o Campionato Galego Neoprofesional contra o actual campión, Rodrigo Pires (Club Kickboxing Valdeorras).

E coma sempre, antes da velada que comezará ás 20:30 horas, tiña lugar no propio pavillón vello, a pesaxe dos púxiles.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button