ConcellosÚltima horaVilamartín

Varios feridos nunha saída de vía na N-120 ao seu paso por Vilamartín de Valdeorras

 

Contra as oito e cuarto da tarde deste venres 27 de novembro, producíase un accidente de tráfico na N-120 ao seu paso polo concello de Vilamartín de Valdeorras, PK 463, no que se vía implicado un único vehículo, e no que resultaban feridas varias persoas.

Tal como explican dende o 112 Galicia, era un particular quen daba o aviso indicando que “dende o seu propio vehículo vira como o outro dera un par de voltas de campá e cando se achegou para interesarse polo estado dos tres ocupantes, viu que xa se encontraban fóra”. Tamén aseguran que “nun primeiro momento dende Urxencias Sanitarias indicaban que ían trasladar aos tres pero finalmente dixeron que atenderan a dúas persoas”.

Ademais dos sanitarios ata o lugar acudía a Garda Civil de Tráfico. “Mobilizáronse tamén aos bombeiros e ao GES Valdeorras porque non sabían se os ocupantes podían estar atrapados pero ao non ser así, non chegaron a saír”, conclúen dende o 112.

Back to top button