Lidia Fontal gaña o segundo vale de 50 euros para canxear no supermercado Eroski
Tres usuarios do centro de Asfaval realizaban na mañá do 1 de agosto o sorteo do segundo vale de 50 euros, dentro da campaña de reciclaxe de aceite doméstico usado, posto en marcha hai dous meses polo Concello de O Barco e Asfaval, que se encarga da recollida das botellas do aceite usado que a xente deposita en contenedores colocados para tal fin nos diferentes supermercados da vila que tamén colaboran coa iniciativa.
Nesta ocasión a gañadora do vale, a canxear no supermercado Eroski do Barco, foi Lidia Fontal.