A afección pola bicicleta non ten idade. E así se demostraba na mañá do domingo 17 de agosto en Trives. Nenos, xoves e maiores dábanse cita coa bici na praza do Concello de Trives. Este era o punto de partida dunha edición máis do Día da Bici nesta localidade. As inscricións para participar no percorrido abríanse a partires das dez da mañá, se ben non se daba saída á ruta ata o mediodía. Nesta galería de imaxes pode verse a membros da organización e tamén dous dos momentos deste evento deportivo cunha gran tradición en Trives.
Fotos cedidas por Belén Fernández.