OurenseÚltima hora

A ‘Ourense Strade Termal’ homenaxea a un ciclista falecido na explosión dunha mina en Asturias

 

A marcha ciclista ‘Ourense Strade Termal’ que se celebrou este domingo 27 de abril co apoio da Deputación de Ourense, a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia, gardaba un minuto de silencio por un dos participantes inscritos na proba, Rubén José Souto Robla, un dos cinco traballadores falecidos o pasado 31 de marzo pola explosión dunha mina en Asturias.

Os organizadores da proba entregaron o dorsal de Rubén José Souto aos seus compañeiros ciclistas, durante a saída da marcha dende o balneario de Lobios, para poder achegarllo á familia do falecido. Ademais, enmarcouse un maillot en sinal de homenaxe.

Á cerimonia de saída e corte de cinta acudiron a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez; o presidente do Inorde, Rosendo Fernández ; a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas; o alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias; o xefe do Servizo de Turismo da Xunta de Galicia en Ourense, Cecilio Santalices; o tenente coronel da Garda Civil, Rafael Berguillo; o xerente de Caldaria, Javier Soto; a xerente do Inorde, Emma González, xerente de Inorde e Serafín Martínez, director técnico da proba.

Artigos relacionados

Back to top button