Os pequenos vencían a San Cibrao e os mozos ao Seixalbo
Nas categorías inferiores o resultado non é o máis importante, pero xogadores, adestradores e afeccionados desfrutan cunha boa xogada e moito máis con cada gol. Por iso a tarde do 25 de novembro volveu ser unha festa no campo de fútbol do Aguillón.
O equipo infantil do C.D. Rúa adestrado por Luis María Ferrer goleaba 11-1 ao Polígono San Cibrao. E a continuación o equipo xuvenil de Carlos, vencía 3-2 ao Seixalbo.
Os benxamíns, pola contra, perdían contra o Maceda.
Fotos: Mónica G. Bellver