OurenseÚltima hora

O emprendemento será o eixo central da programación de marzo no centro La Molinera

Celebrará o día da muller cunha charla de Carla Reyes sobre “O éxito en clave de muller” e obradoiros sobre entrevistas de traballo e redes sociais
Asistentes a unha xornada formativa en La Molinera.

“La Molinera en clave de muller”, a Semana Europea das Startups e a terceira edición do Espazo Coworking. Son as actividades centrais da proramación do centro municipal La Molinera para o mes de maio, co emprendemento como eixo.

Para mañá, 5 de marzo ás 19:30h. está prevista a charla coloquio “Falamos do éxito en clave de muller: espazo de participación”, que impartirá Carla Reyes, consultora en comunicación e presidenta da Asociación de Executivas de Galicia. Este acto representa o inicio do programa “La Molinera en Clave de muller” que terá continuidade con outros dous obradoiros: “Entrevistas de traballo con perspectiva de xénero; técnicas para superar a entrevista”, o luns, 19, de 16 a 20h. e “Muller e redes sociais; Facebook ao teu servizo”, o día 26, de 16 a 20h.

A segunda cita destacada será o martes, 6 e o mércores, 7 con actividades de celebración da Semana Europea das Startup “Startup Europe Week 2018”. Durante dous días, persoas emprendedoras poderán participar en actividades de creación colaborativa, e asistir a unha charla coloquio sobre creatividade e formación a cargo de Avelino Correa, creador da aplicación Creappcuentos, e outra sobre o espazo Coworking de La Molinera, que impartirá Lalo García, coordinador do programa Go2Work Ourense.

O centro municipal acollerá tamén o día 15 de marzo ás 19h. a presentación do libro Millenials la generación emprendedora por parte do seu autor, José María Álvarez Manzanillo.

O 22 de marzo ás 12 horas botará a andar a terceira edición do programa “Coworking Ourense La Molinera”, coa finalidade de contribuír a que se convertan en realidade vinte novos proxectos ourensáns, e dar continuidade aos xa realizados nas dúas edicións anteriores.

No marco do Encontro “Soncello,” os días 23 e 24 haberá masterclass e obradoiros en torno á música e á creatividade. Os violonchelos encherán La Molinera e interactuarán coa tecnoloxía, tendo como colofón un concerto final o sábado 24 por parte da orquesta SONCELLO.

 

Back to top button