ConcellosTrivesÚltima hora

A alcaldesa de Trives pide no Senado “coordinación das administracións fronte á despoboación”

Era a única rexedora que participaba nunha ponencia na Cámara Alta sobre os avances nestes territorios e reclamou “unha Consellería propia de Reto Demográfico con fondos económicos e competencias”

 

“Para loita contra a despoboación no rural precísase unha estratexia clara que vaia más aló dunha declaración de intencións”. Así o sinalaba a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, nunha ponencia no Senado sobre o estudo que leva por título “Evolución da percepción dos avances na España Rural” e que foi elaborado pola Cátedra de Reto Demográfico e Despoboación de Next Educación.

Domínguez deu voz aos territorios rurais galegos e foi a única rexedora de España que participou na sesión. A súa intervención baseouse na necesidade de coordinar os esforzos: “Todas as administracións deben ir da man, sería desexable que a lexislación e os instrumentos de ordenación do territorio incluísen nos seus obxectivos a loita contra a despoboación e a dinamización do medio rural”.

A alcaldesa afirmou que “é imperativo dar un salto dende o plano propositivo das ideas e dos estudos ao plano executivo con carácter innegociable e que inclúa a fixación dun calendario de cumprimento de hitos por todos actores implicados dende o seu ámbito competencial e a cooperación e a cohesión interinstitucional”.

No acto tamén interviñeron Pedro Rollán, presidente do Senado; Santiago Cabañero, presidente da Deputación de Albacete; Tania Solans, presidenta de Pobos Pequenos da Federación Española de Municipios e Provincias, ou o xornalista Chema López Juderías, entre outros expertos.

 

 

A perspectiva de máis de 600 representativas do entorno rural

Trátase do cuarto estudo que se realiza sobre este tema e elaborouse a partir da perspectiva de máis de 600 persoas representativas do entorno rural, máis do dobre que nos estudos anteriores. Reflexa datos como que metade dos enquisados percibe avances na España rural, un 10% menos que en 2023. Destes, case a metade admite que houbo mínimos avances, un 7% considera que mellor (18% no anterior); un 24% aprecia que seguimos igual (similar ao anterior); e máis dun 20% cree que estamos peor, case oito puntos máis que no pasado estudio.

Os pasos más positivos que reflexa o estudo son a maior presenza mediática do problema, aínda que existe unha opinión xeralizada de que a España urbana non recoñece suficientemente o esforzo rural (un 93%). Cae en máis de 20 puntos dende o 2022 a opinión de que a conversión de plataformas a candidaturas políticas favorece o desenvolvemento rural.

No informe consideráronse tanto as percepcións individuais como as colectivas, abarcando a diversas entidades como plataformas, concellos, deputacións, xornalistas, organizacións e figuras destacadas, así como opinións da mocidade e empresarios rurais.

 

 

Back to top button