En portadaÚltima hora

A antiga “Festa de Reis”, que se conserva no municipio da Mezquita, no Especial Nadal de O SIL

Comitiva da Festa dos Reis en Cádavos (A Mezquita)./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

O sueste da provincia de Ourense conserva unha antiga Festa de Reis, cun ritual moi singular, protagonizado por dous cargos que dirixen a celebración (normalmente Rei e Virrei ou Rei e Raíña, dependendo das localidades), e no que hai cantos de Reis, recollida de aguinaldos e unha serie de banquetes ao logo de tres ou catro días. Ademais aparecen figuras enmascaradas.

 

Festa de Reis na Mezquita./ Cedida.

 

O municipio da Mezquita conserva estas manifestacións na propia vila, pero tamén noutras aldeas (como Chaguazoso, Cádavos ou A Esculqueira), e a esta celebración, que tamén se comparte coa Alta Sanabria (onde recibe o nome de Reinado), adicamos unha reportaxe no monográfico do “Especial Nadal 2025” do Periódico O SIL, que está en quioscos e librerías dende hai unha semana.

 

Festa de Reis en Chaguazoso (A Mezquita)./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Festa de Reis na Mezquita, nun Nadal anterior./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.
Back to top button