ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Área do PAC de Trives baixa a 32 casos activos de Covid, 6 menos que onte

Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Descenso nos casos activos de Covid na Área do PAC de Trives, formada polos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. As cifras comezaban a baixar o martes 14 de decembro de maneira leve, pero neste venres refórzase a tendencia ao rexistrarse un total de 32 positivos, 6 menos que onte.

Así, segundo os datos emitidos hoxe polo Sergas (actualizados ás 18h. de onte) por municipios, Manzaneda ten 3 positivos (a mesma cifra dende o 14 de decembro), Trives baixa a 27 (3 menos que onte) e San Xoán de Río sitúase en 2 (3 menos que onte). Ademais neste último concello hoxe dábanse 2 novas altas, co cal quedaríase en 0 casos, tal e como confirma o alcalde de Río. Xosé Miguel Pérez.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button