ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Área do PAC de Trives chega aos 78 casos activos de Covid, 20 máis que onte

Publicidade
Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúa á tendencia á alza no total de casos activos por Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Esta zona queda á marxe da baixada case xeral que se rexistra en Galicia tras o novo sistema de reconto aplicado pola Consellería de Sanidade. O motivo principal disto son os positivos que saían á luz no cribado comarcal de Covid que se realizaba nesta semana na zona.

Así, neste xoves 13 de xaneiro a Área do PAC de Trives suma un total de 78 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 20 máis que na xornada de onte.

Por concellos, Manzaneda sobe ata os 9 casos activos (3 máis que onte). Pola súa banda, Trives chega aos 61 positivos, o que supón 18 máis que onte; por contra, San Xoán de Río baixa e sitúase en 8 positivos, 1 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button