ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

A Área do PAC de Trives rexistra 21 casos activos de Covid, 1 menos que o luns

Publicidade
Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Estabilidade nos casos activos de Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Neste mércores 29 de decembro rexistra un total de 21 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 1 positivo menos que o pasado luns.

Así Manzaneda continúa con 2 positivos e mantense como o concello do PAC con menor número de casos activos. Pola súa banda, Trives ten 15 positivos, o que supón 1 máis que onte (xornada na que baixaba a 16) ; mentres que San Xoán de Río ten 4 positivos, 1 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button