Seguen baixando os casos activos de Covid tamén na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos de Manzaneda, San Xoán de Río e A Pobra de Trives. Así, nesta xornada rexistra un total de 28 positivos, o que supón 2 menos que onte, segundo os datos feitos públicos hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
Por concellos, Trives baixa a 24 casos activos, 2 menos que onte; mentres que Manzaneda continúa con 4 positivos (a mesma cifra de onte) e San Xoán de Río continúa libre de virus.