Ademais do xantar, do bo ambiente e da música, a Festa da Matanza de Rubiá que na xornada deste sábado 28 de novembro reunía a 625 persoas no pavillón municipal, servía tamén para celebrar un aniversario, aproveitando o cocido para colocar as candeas, nun simbólico xesto.


A falta de pastel ben valen unhas patacas con garavanzos, o caso é que Yoli puidera pedir un desexo antes de soprar as candeas.

Fotos: Carlos G. Hervella.