ConcellosÚltima hora

A Área do PAC de Trives sitúase en 19 casos activos de Covid

Publicidade
Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Estabilidade no total de casos activos de Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Nos tres últimos días vense mantendo a cifra de 19 positivos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), se ben hai pequenos cambios segundo os municipios.

Así Manzaneda, que levaba tres días con 2 positivos, neste 24 de decembro baixa a 1 positivo, sendo o concello do PAC con menor número de casos. En cambio, San Xoán de Río experimenta un leve incremento, ao pasar de 1 positivo o 21 de decembro a 2 o día 23 e a 3 neste 24 de decembro. Finalmente, Trives, que tiña 16 positivos o día 22 de decembro, baixaba onte a 15, a mesma cifra que se rexistra nesta xornada de xoves.

Artigos relacionados

Back to top button