SanidadeÚltima hora

A área sanitaria de Ourense ten 1.041 casos activos de coronavirus, dos 5.551 existentes en Galicia

Do total de pacientes positivos, 154 permanecen en UCI, 794 están en unidades de hospitalización e 4.603 no domicilio, segundo informa Sanidade

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os casos activos de coronavirus en Galicia ascenden a 5.551, segundo a última actualización que vén de facer pública a Consellería de Sanidade. Dese total 1.148 están na área da Coruña, 563 son da de Lugo, 1.041 da de Ourense (dende a consellería non se facilitaron, polo momento, datos desglosados por hospitais e dentro da área), 470 da de Pontevedra, 1.069 da área de Vigo, 939 da de Santiago, e 321 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 154 permanecen en UCI, 794 están en unidades de hospitalización e 4.603 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia rexistráronse 910 altas de pacientes e 297 falecementos, co cal o número total de casos rexistrados na comunidade é de 6.758.

O número de PCR realizadas é de 36.799.

Datos dos centros residenciais

Por outra banda, nas residencias da terceira idade de Galicia hai 818 casos positivos entre os seus usuarios, sendo 348 os traballadores con COVID-19. Con respecto aos falecementos, producíronse
61 (nas propias residencias) e 56 (en hospitais e residencias integradas), segundo Sanidade.

“O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,3% do total das persoas residentes”, matizan dende a consellería.

Respecto das 4 persoas falecidas onte en centros residenciais, 2 foron na residencia DomusVi Cangas, 1 na residencia DomusVi Barreiro (Vigo) e 1 na residencia Moledo (Vigo).

“Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros”, lembran dende Sanidade.

No caso da provincia de Ourense hai un total de 264 usuarios (catro máis que onte) con COVID-19 nas residencias de maiores, mentres que os traballadores positivos son 104 (un máis que onte).

 

Artigos relacionados

Back to top button