OurenseÚltima hora

O Consello Municipal de Deportes de Ourense abrirá o venres as piscinas de Oira e a exterior dos Remedios

 

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense abrirá ao público este venres, día 13 de xuño, as piscinas de Oira para a nova tempada de verán 2025, con entrada libre e gratuíta, sen necesidade de reserva previa. As piscinas estarán abertas ata o día 14 de setembro, en horario continuado, desde as 11 ata as 20:45 horas.

Tamén este venres, 13 de xuño, abrirá ao público a piscina exterior do Pavillón dos Remedios. Neste caso, poderase acceder a través dun bono diario básico de 3 euros, de luns a sábados, tamén de 11 a 20:45 horas, e os domingos, de 11 a 13:45 horas.

Artigos relacionados

Back to top button