OurenseÚltima hora

A arracada de Vilar de Santos volve a esta vila polo centenario da súa descuberta

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, xunto co Museo da Limia, organiza unha exposición pública desta peza e unha xornada o 20 de decembro no multiusos do Concello

 

Corría o ano 1924, cando de forma casual no lugar de Albariño Benito Saburido atopaba a coñecida como arracada de Vilar de Santos, que hoxe está no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Foi dada a coñecer en 1939 por Florentino López Cuevillas e, desde 1978, forma parte da colección do museo.

Con motivo do centenario deste achado, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, xunto co Museo da Limia, organizará unha exposición pública da arracada os días 20 e 21 de decembro no Museo da Limia en Vilar de Santos, ademais dunha xornada cunha serie de intervencións que contextualizan a peza, o venres 20 ás 18:00 h, no Salón Multiusos do concello de Vilar de Santos.

Back to top button