A artista Aurora Espina expón “A miña terra” en Santa Leonor (Trives)
17 de Agosto de 2019
Poderase visitar do vindeiro 20 de agosto ao 22 de setembro
A artista, Aurora Espina. Foto: Carlos G. Hervella.
O vindeiro 20 de agosto a Sala de Exposicións do Edificio Santa Leonor na Pobra de Trives, acolle unha nova exposición de pintura. Esta poderá visitarse dende o vindeiro 20 de agosto ao 22 de setembro. “A miña terra” é a exposición a través da cal Aurora Espina se expresa mediante diferentes temas e usando distintas técnicas. A presentación da exposición terá lugar o primeiro día de apertura ás 18:00 horas.
Cartel da actividade.
A exposición contará con arredor de 25 obras nas que plasma, tal e como ela explica, todo aquelo que lle provoca sentimentos, morriña, recordos, nostalxia. Sanitaria de profesión, con ascendentes de Trives, estivo sempre moi arraigada á vila, onde pasou gran parte da súa infancia e adolescencia.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.