Os condutores que estes días se despracen entre os concellos da Rúa e Vilamartín de Valdeorras pola OU-603, tamén chamada “estrada vella” vanse atopar cun tramo cortado por obras de reposición dos peitorís en pleno Camiño de Inverno.
O tramo en cuestión, indicando con sinais os desvíos pola N-120 (tanto dirección A Rúa como dirección Vilamartín) vai dende a segunda saída da Rúa á estrada nacional ata aproximadamente o desvío para Valencia do Sil, pouco antes de San Miguel de Outeiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.



