Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A Asociación Huellas de Cabrera visita os Ancares lucenses

 

A Asociación Huellas de Cabrera continúa co seu programa de actividades nesta tempada. A pasada fin de semana varios dos seus integrantes desprazábanse ata os Ancares lucenses, en concreto ao albergue de Ancares, no concello de Cervantes para acometer a ascensión o Tres Bispos 1792 m.

Trátase dunha ruta circular dende Refuxio de Ancares, pasando pola Campa de Ortigoso, Campa de Tres Obispos (6,1 km) e dende aquí comeza a subida primeiro cara Peñarrubia ata chegar “ao noso principal obxectivo da xornada, o Cumio do Tres Obispos cos seus 1.792 metros de altitude (7,4 km)”.

 

 

A xornada da subida comezaba con algo de néboa, “polo que non puidemos observar as fermosas vistas que nos ofrece este monte (para outro momento). A continuación collemos un camiño polo lombo cara a Golada das Brañas, chegando ao Alto da Trapa (km 8,4) que baixamos por un camiño recén despexado ata a Golada da Trapa (km 9,5). Aquí adentramonos nun bosque que acabou deixándonos no fermoso Refuxio de Brego (11,6 km), onde só nos quedaba gozar deste fermoso val coa súa Golada da Vara (12,2). km), a Fonte da Vara (13,5 km) e as Ruínas de Cabana Vella (15,2 km), ata chegar de novo ao Albergue dos Ancares e poñer punto final á xornada”, relatan os participantes.

Fotos: loispradaf.

Back to top button