EconomíaEconomíaÚltima hora

A Asociación Valdeorresa de Apicultores celebra a súa asemblea anual

 

O Centro Sociocultural Santa Lucía de Vilamartín acollía na tarde do 22 de marzo a asemblea anual da Asociación Valdeorresa de Apicultores, na que, entre outras cuestións se abordaba a situación do sector na comarca e problemáticas como a da varroa, así como a renovación da xunta directiva, que segue presidendo Armando Rodríguez e á que se incorpora como secretario Javier Mancebo.

Ademais, no marco da asemblea tiña lugar unha charla sobre manexo integral de varroa e monitoreo a cargo de Ester Ordóñez.

Fotos: Agrupación Apícola de Galicia.

Back to top button