ConcellosSoberÚltima hora

A avoa de Sober cumpre 110 anos

María Dolores González Díaz, coñecida como Lola da Pena de Gundivós (Sober), celebraba hoxe, 23 de maio, o seu 110 aniversario acompañada pola súa filla, netos e bisnetos.

“Lola está de marabilla e moi ben coidada, polo que lle desexamos un feliz día na compaña dos seus seres queridos”, din dende o Concello de Sobr, que xa lle trasladou a Lola os seus parabéns e deséxalle un feliz día.

O municipio de Sober conta a día de hoxe con 10 persoas centenarias, 7 mulleres e 3 homes.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button