Esta agrupación, que dirixe Manuel Prada, participaba na procesión da Dolorosa e ofrecía un concerto pola tarde na praza do Pilón
Ao longo da xornada do 16 de setembro, na que Trives celebraba o último día das Festas do Cristo e da Dolorosa, a Banda do Barco poñía son a esta celebración. Acompañaba coas súas melodías á procesión coa imaxe da Virxe das Dores ao mediodía e ofrecía tamén unha actuación no exterior da igrexa parroquial trivesa.
Ademais, en torno ás 18:30h., daba un concerto na praza do Pilón, no que despregaba un variado repertorio. Esta é a primeira vez que a Banda de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada Ramos, toca en Trives, de onde son varios dos seus integrantes.
Fotos cedidas pola Banda de Música do Barco.