OurenseÚltima hora

A barquense Pilar Delgado, entre os homenaxeados en “Ourense e Comercio”

Este acto promovido pola Federación de Comercio de Ourense terá lugar o vindeiro 21 de outubro ás 20:30h. no Centro Cultural da Deputación
Pilar Delgado, co actual presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez, nunha actividade organizada pola asociación neste verán./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Pilar Delgado, co actual presidente do Barco CCA, Ángel Álvarez, nunha actividade organizada pola asociación neste verán./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Co fin de facer un recoñecemento a persoas implicadas a nivel provincial no desenvolvemento do comercio, a Federación de Comercio de Ourense organizará o vindeiro 21 de outubro ás 20:30h. as Xornadas “Ourense e Comercio”. Esta entidade considera que é o momento de render unha a nivel provincial a determinadas persoas, coa finalidade de “promocionar o asociacionismo e poñer en valor o sector comercio en todos os aspectos”.

Entre os homenaxeados nesta cita, que se desenvolverá no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, estará a barquense Pilar Delgado Campos, que foi a primeira presidenta da comisión xestora e da primeira xunta directiva do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), a primeira entidade deste tipo en crearse na provincia de Ourense. O anuncio facíao o actual presidente do CCA barquense, Ángel Álvarez, na asemblea que esta asociación celebraba na tarde do 14 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button