Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima horaVídeos

A cabeza de lista de Sumar Galicia por Ourense reúnese na Rúa con mozos emprendedores

 

Na Rúa comezaba a campaña electoral a cabeza de lista pola provincia de Ourense de Sumar Galicia, a valdeorresa Mercedes González Pazos. Mantiña un encontro na tarde do 2 de febreiro con mozos emprendedores de Valdeorras na Casa da Cultura co fin de “crear as sinerxías necesarias” entre os asistentes “para que a mocidade da zona lle sirvan de modelo e decidan apostar por fixar o seu futuro neste territorio”.

No encontro abordábanse bloques temáticos como “Iniciar unha aventura para quedarse no teu territorio”, “Apostar polos teus soños e capacidades” e “Acompañarnos a un proceso de aprendizaxe que afortalen ideas e ilusións”. Entre os participantes estaban Sonia de “Aperta Academia”, María&Pedro “A Capitana” e “OrdeCaos e Adrián da Casa do Maior no Bolo.

A candidata de Sumar Galicia agradecía a participación nesta xuntanza, lamentando tamén que outros/as colegas “autónomos” de diversas facetas, que non estando físicamente, si me trasladaron o agrado e idea de coñecervos para tal vez posibilitar sinerxías, sendo un acto que pretende pór en valor o empeño e aposta que fixéchedes cada un/unha de vos por fixar a empresa que acometíchedes cerca do territorio que vos viu nacer, máxime cando todos sabemos que as provincias do interior de Galicia e, especialmente as zonas rurais e de alta montaña de Ourense, carecen de calquer apoio en positivo que faga atractivo á mocidade quedarse a vivir e moito menos a emprender”.

 

 

Ademais Mercedes González explicaba que, “sendo certo que este é o día de arranque dunha campaña electoral da que eu participo, non vos sintades condicionados máis que a expresar sen filtros as inquedanzas, facilidades, dificultades e logros, que de todo haberá e que vosoutras que estades aquí e agora ides contarnos, porén tomarei nota. Sabendo que seredes posibles modelos de acción ante o estudantado da zona e para outros/as xóvenes que están ca dúbida de seguir formándose ou iniciar un dos moitos proxectos que segundo as habilidades, potencialidades e con boa actitude poidan chegar a desenvolver”.

Ademais dirixíase aos participantes indicando que “sodes xóvenes profesionais de sectores diversos pero que todas/os tedes en común a iniciativa, o desexo por cumprir unha ilusión e arriscarse para elo”, matizando as dificultades engadidas de emprender dende o interior, “con tantos problemas engadidos como o das distancias aos centros neurálxicos, as malas comunicacións por estrada e falta de transporte público, sen esquecer que o internet de banda ancha tampouco é o ideal en varios puntos do noso territorio, cando hoxe sabemos que as plataformas dixitais de venta e outras redes sociais son a vosa forma de exposición ante o público”.

 

Con este encontro, a candidata de Sumar Galicia pretendía “ter unha mostra ampla dos sectores produtivos ou de iniciativa social, que habelos hainos na comarca, e como exemplo claro as empresas/marca que hoxe estades a representarvos neste encontro, sabendo que nas zonas de interior hai tres rasgos que caracterizan ás posibles saídas laborais polo aillamento da comarca da capitalidade, o rico entorno natural máis tamén a idade da súa poboación”.

Os emprendedores expoñían na reunión a súa experiencia, as dificultades coas que se toparn para poder desenvolver o seu proxecto e tamén as necesidades que consideran que ten a comarca de Valdeorras neste e noutros aspectos.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button