ConcellosO BarcoÚltima hora

A cafetería do Casino do Barco reabre as súas portas, un mes despois do incendio

 

O Casino do Barco reanudaba a partir das 15h. deste 22 de outubro a súa actividade tras o grave incendio que na madrugada do pasado 11 de setembro destruía a terceira planta e a cuberta do edificio da súa sede. Os socios reencontrábanse a partir das tres desta tarde na cafetería do Casino, que reabría esta tarde garantindo os seus servizos habituais e con total seguridade. A cafetería mantén os seus horarios habituais.

 

 

Este é o primeiro paso dado pola sociedade de cara a retomar o resto de actividades, unha vez se vaian reconstruíndo as zonas afectadas polo incendio.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button