ConcellosTrivesÚltima hora

A campaña “Mercar no teu comercio ten premio” chega a Trives

Imaxe da vila de Trives./ Foto: A.R.

 

Trives será unha das nove vilas da provincia nas que recalará a campaña “Mercar no teu comercio ten premio”. Os interesados en participarán deberán gardar os tickets dun mínimo de 10 euros e dunha semana de compras, dende este mércores, para cambialos o día 19 de setembro por participacións nunha carpa que se instalará na Praza do Pilón, dende as 18.00 horas.

Está previsto que o gran sorteo se celebre ás 20.00 horas e os afortunados deberán estar presentes para recoller os premios: dúas tarxetas prepago de 300 euros e 4 de 100 euros. Unha soa persoa non pode resultar premiada máis dunha vez e as tarxetas poderán ser empregadas para pagar compras no comercio local ata o 31 de decembro de 2023.

 

 

 

Esta iniciativa de dinamización do comercio de proximidade está sendo organizada pola Federación Gallega de Comercio e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación de Comercio de Ourense, de Abanca e, neste caso, do Concello de Trives.

O obxectivo desta campaña “é fomentar as vendas no comercio local e fidelizar ao cliente nun momento complicado para o sector”.

Artigos relacionados

Back to top button