Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A Carreira Vertical “O Sacauntos” de Vilamartín xa ten o trazado listo para competir

 

Vilamartín acollerá a Carreira Vertical “O Sacauntos” o vindeiro 6 de setembro, unha proba que é Campionato Xunta de Galicia de Subida Vertical, tanto para categoría absoluta como promoción. As Inscricións estarça abertas a todo o público en www.carreirasgalegas.com para tódalas distancias ata o vindeiro e de setembro.

“Os 4,2 km e +1010m. de desnivel positivo farán honra ó nome do trazado”, din dende a Federación Galega de Atletismo, que anuncia ademais que os tracks están xa dispoñibles desde www.trailrunning.gal para todas as carreiras”.

O Concello de Vilamartín de Valdeorras, en colaboración coa Delegación en Valdeorras da Federación Galega de Atletismo, organiza esta II Carreira Vertical O Sacauntos e Campionato Xunta de Galicia de Subida Vertica.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

 

Imaxe dunha edición anterior desta proba./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As probas sairán dende A Ponte Nova da Barca de Arnado en Vilamartin de Valdeorras e a meta da proba longa estará situada no Alto do Monzón, a 1.325 metros de altitude:

Recollida de dorsais

Os dorsais poderán recollerse no Pavillón Municipal “Luís Nogueira” en O Bañadoiro, en Vilamartín, os seguintes días:
– Sábado 5 de Setembro de 17:00 h. a 19:00 h.
– Domingo 6 de Setembro de 8:30 h a 9:30 h.

Back to top button