ConcellosO BarcoÚltima hora

A Casiña de Papá Noel do Barco CCA xa recibe a visita dos nenos

 

Este sábado 21 de decembro instalábase a Casiña de Papá do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) na praza do Concello do Barco. Nela dous simpáticos trasgos reciben as máis pequenos, que, ademais de entregar as súas cartas, tamén se fan fotos con eles.

A Casiña reabrirá as súas portas o domingo 22 de decembro en horario de 11:00 a 13:00h. e de 17:00 a 19:00 h. Esta é unha das primeiras accións da campaña de Nadal do CCA, que continuará o 23 de decembro, en horario de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 18:30 horas, cun tren gratuíto con saída da Praza Maior percorrerá O Barco, no que os nenos poderán viaxar con Papá Noel, Mickey e Minnie Mouse. E, en horario de 12:00 a 13:30 e de 18:30 a 20:00 horas, estarán na casa de Papá Noel na que estará instalado un fotomatón para facerse fotos.

 

 

O martes día 24 en horario de 11:00 a 14:00 horas volverá estar na vila Papá Noel xunto con Mickey e Minnie para a recollida das cartas de última hora. Entre todas as cartas sortearase un vale de compra por valor de 100 euros para investir nos comercios asociados.

Tamén haberá obradoiros infantís para a cativada que se desenvolverán no Viveiro de Empresas do Barco, onde ten a súa sede o CCA (situado na Avenida de Galicia, 32) en horario de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. As prazas son limitadas e as inscricións estarán abertas desde o día 16 ata o día 20 de decembro e realizarase no mesmo Viveiro de Empresas do Barco.

Fotos: A.R.

Back to top button