ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

A cea popular das festas do Santo Tirso de Veigamuíños (O Barco) reúne a unhas 300 persoas

Con ela ábrese o programa festivo, que continuará mañá con actos de referencia como a procesión coa imaxe do santo ao mediodía

 

Unha exitosa cea popular vén de abrir na noite deste venres 26 de xaneiro o programa das festas na honra a Santo Tirso en Veigamuíños (O Barco). Unhas 300 persoas reuníanse arredor da mesa baixo unha carpa con calefacción cun menú (cun prezo de 10 euros) a base de chourizo cocido, panceta e lombo á plancha, bica e licor café.

O sábado, 27 de xaneiro, será o día grande das festas patronais, con procesión ás 12 horas seguida da misa e sesión vermú coa orquestra Escaparate que tamén amenizará o baile en sesión de tarde e verbena, rematando xa de madrugada con Dj Argü.

 

O domingo a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Alma Latina, que tamén amenizará a sesión de tarde. Ese día pola tarde tamén haberá colchonetas gratis para os nenos na mesma carpa da festa.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button