En portadaÚltima hora

A celebración do Día de Todos os Santos reúne a multitude de persoas no cemiterio do Barco

 

O cemiterio municipal do Barco enchíase de persoas na tarde deste 1 de novembro para conmemorar o Día de Todos os Santos. Dende hai días os barquenses preparaban e engalaban con multitude de flores os sepulcros dos seus familiares para esta data tan sinalada.

O párroco do Barco, Jesús Álvarez, iniciaba a celebración relixiosa, ás 16:30h., lembrando o significativo desta celebración na que as familias lembran de xeito especial aos seus seres queridos. Nese senso, o párroco facía unha mención especial as persoas que falecían neste último ano na vila e que foron enterradas neste cemiterio, citando, un a un, os seus nomes e apelidos.

Tamén facía unha dedicatoria ás persoas que falecían nestes días como consecuencia da DANA que afectaba a diferentes partes do leste de España. A misa finalizaba, cun reponso do sacerdote por cada unha das partes do cemiterio barquense.

Para a regulación do tráfico tanto na chegada ao cemiterio como na saída, contábase coa Policía Local, Con Protección Civil e co GES Valdeorras.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button