En portadaÚltima hora

A CHMS celebra o Día da Auga cunha actividade no CEIP Monforte de Lemos

Cedida.

 

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) celebraba esta mañá en Monforte de Lemos o acto institucional do Día Mundial da Auga 2025, unha iniciativa, pretende concienciar aos máis pequenos sobre o bo uso e aforro deste líquido elemento de cara a un desenvolvemento mais sostible e sensibilizar sobre a importancia da conservación e coidados dos ríos.

Con este obxectivo, o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e a tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, visitaban aos alumnos do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos, que estaban a realizar a segunda actividade no colexio, enmarcada dentro do proxecto “Me Gusta Mi Río”.

Despois dunha breve intervención dun dos educadores nas que lles explicaba aos rapaces o lema deste ano que Nacións Unidas dispuxo para conmemorar este día, tanto José Antonio Quiroga como Gloria Prada, fixeron unha breve intervención sobre a necesidade da educación ambiental e a importancia do aforro de auga. Gloria Prada quixo subliñar entre os alumnos que moitas veces non son precisas grandes accións, simplemente coa concienciación e a posta en práctica de pequenos xestos, cos ques e aportan melloras medioambientais.

Así, o presidente da confederación insistiu na importancia de concienciarse no coidado do medio ambiente e subliñou que os rapaces que agora están a desenvolver este proxecto, van a ser os responsables de xestionar o futuro polo que resulta esencial o seu compromiso co coidado medioambiental.

Despois das intervencións, os alumnos retomaron as actividades dos diferentes grupos de traballo mentres un grupo de 3 escolares, realizaban unha entrevista con preguntas sobre a xestión da auga ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e á tenente de alcalde como parte do proxecto.

Pola súa banda, a directora do dentro, agradecíalle a confederación a iniciativa e destacaba que os alumnos se amosaban encantados co proxecto e moi participativos.

Back to top button