
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) continúa os traballos de conservación e mellora dos ríos da demarcación. Na provincia de Ourense, esta semana, 2 brigadas compostas por 5 operarios especializados cada unha, traballan o municipio de Rairiz de Veiga, nun tramo que abarca máis de 6 km do río Bidueiro; e nos Blancos, en 2,2 km do río Airoa. Actuacións que melloran a capacidade hidráulica de ambos os leitos e que consisten na retirada de árbores secas, en pé e derrubados e na eliminación de tapóns que puidesen obstaculizar o paso de auga.
No caso concreto do río Bidueiro retíranse as árbores secas en pé con risco de caída sobre a zona de servidume, dominio público hidráulico e leiras particulares; non se realizan rozas, salvo que sexa estritamente necesario para acceder a algún exemplar cuxa retirada sexa imprescindible, nese caso realizaríase sempre @teniendo en cuenta que se trata dun espazo natural protexido.
No río Airoa retíranse as árbores tombadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume que obstaculizan e diminúen a capacidade de desaugadoiro do leito. É importante destacar que no caso de curtas de amieiros, aplícanse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni. O investimento estimado á finalización dos traballos nos leitos enumerados superará os 75.000 euros.