A RúaConcellosÚltima hora

A CHMS mellorará o saneamento da Rúa na zona das Pinguelas

O organismo de conca e o Concello rues veñen de asinar un protocolo de colaboración sobre este tema esta mañá

Cedida.

 

José Antonio Quiroga Díaz, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e Maria González Albert, alcaldesa da Rúa, asinaban hoxe un protocolo de colaboración, para o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e entrega das actuacións acordadas, para mellorar o saneamento da zona de As Pinguelas, no municipio ourensán da Rúa.

O Concello da Rúa pretende poñer en valor varias construcións antigas que funcionaron como adegas, situadas nas marxes do “regato da Rúa, estas edificacións, de alto valor etnográfico, atópanse dentro do catálogo de elementos patrimoniais de Galicia. Para a posta en valor das devanditas construcións é necesario dotalas de conexión á rede saneamento municipal”, segundo informa a confederación.

As obras consistirán na construción dos colectores de saneamento e as súas conexións á rede municipal, así como, a construción de nova EDAR para depurar as augas residuais das antigas adegas que xa non exercen a función de producir viño.

O presente protocolo é “unha declaración de intencións, sen contido obrigacional, é dicir, sen que do mesmo se derive compromiso efectivo para as partes, compromiso para o que, no seu caso, estarase ao que se estableza no preceptivo e específico convenio”, concretan.

Back to top button