CarballedaConcellosÚltima hora

A circulación na liña León-A Coruña seguirá interrompida unha semana máis

Adif anunciaba que será mentres se realicen os labores de retirada dos vagóns descarrilados en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

 

Adif anuncia que a circulación na liña León-A Coruña seguirá interrompida unha semana máis debido aos labores de retirada dos vagóns do tren descarrilado en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Renfe establece un plan alternativo de transporte por estrada.

Dende a entidade afirman que “o obxectivo das tarefas é a retirada dos catro vagóns pendentes: dous deles xunto á vía, no lado do noiro; un terceiro no lado do terraplén, e o último na beira do río Sil. A solución, consensuada e executada polos técnicos de Adif e de Renfe, consiste no desmonte in situ dos vagóns, para facilitar o traslado dos mesmos fóra dunha zona de difícil acceso”.

 

As máquinas traballando en Sobradelo.

 

Está previsto que os restos dos vagóns sexan transportados por vía férrea en plataformas para o efecto, ata a próxima estación de Quereño. Para permitir o traballo dos guindastres será preciso construír un vial de acceso para vehículos de estrada, de 400 metros de lonxitude, entre a estación de Sobradelo e o punto do descarrilamento.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button