EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A colleita 2025 do D.O. Monterrei recibe a cualificación de “excelente”

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei celebrou na súa sede a Cata de Cualificación correspondente á colleita 2025, obtendo a cualificación de “excelente”.

Na sesión participaron os profesionais expertos Enrique Santiago Pérez Espiño (técnico do D.O. Valdeorras), Juan Manuel Posada Curros-Buendía (Asociación de Enólogos de Galicia), Jorge Cajete Facorro (catador de Taberna Vinoteca O Carro), Carmen Gómez Viforcos (técnica do D.O. Bierzo), Rebeca André Estévez (panel oficial de cata do D.O. Monterrei), Begoña Gómez González (panel oficial de cata do D.O. Monterrei) e Nuria Trigueros Añibarro (panel oficial de cata do D.O. Monterrei). Tras a avaliación das mostras, os expertos coincidiron en outorgar a cualificación de “excelente” á colleita 2025 dos viños de Monterrei.

O comité de cata destacou “a alta calidade dos viños presentados así como a constancia e regularidade dos estándares de calidade”. Este recoñecemento de “colleita excelente” mostra a capacidade de adaptación e profesionalidade de todo o sector produtivo da Denominación de Orixe Monterrei, a pesar das circunstancias adversas dos incendios que afectaron á comarca en 2025 a resiliencia e experiencia dos viticultores, enólogos/enólogoes e adegueiros conseguiu facer da adversidade unha virtude logrando que a cualificación da colleita 2025 sexa excelente.

O proceso de cualificación desenvolveuse a partir dunha mostra representativa de viños da denominación, que foi sometida á valoración do panel de expertos, sendo todas as referencias catadas a cegas, garantindo así a máxima imparcialidade e obxectividade do proceso ao tratarse de mostras completamente anónimas. A puntuación final obtívose a partir da media das valoracións individuais realizadas por cada catador, tendo en conta tanto os viños brancos como os tintos. Posteriormente, o resultado trasladouse á táboa oficial de correspondencias, da que se deriva a cualificación definitiva da colleita.

Back to top button