Nun acto celebrado no Concello de Parada de Sil, a comisión de festas de Sacardebois, coa súa presidentea Yolanda González á fronte, e acompañada do alcalde, Aquilino Domínguez, e do concelleiro de Cultura, Pago Magide, quixo recoñecer e agradecer a dous veciños a súa laboura na organización do magosto dende hai 45 anos.
Este magosto, que é o máis tradicional e o máis antigo do municipio, este ano homenaxeará a dous veciños, Manuel González e José Javer González, polo seu traballo a prol de manter esta tradicional festa que conta cunha colaboración especial do Concello. Terá lugar o día 9 de novembro e os chourizos, viño e castañas non han de faltar pra todos os asistentes cunh xarriña re cordatorio do evento.

Para o alcalde de Parada de Sil “é unha satisfacción ver que o Concello segue a ter actividades, o que reflicte dinamismo e manifesta que é un concello vivo”. O magosto estará acompañado por unha actuación musical a cargo do grupo Son de Festa.
Fotos cedidas.
