CulturaCulturaÚltima hora

A compañía vianesa Sofá Malva de la Sala Rosa, no XVI Festival Teatro Entreculturas en Verín

Porán en escena "Arsénico por compasión" o vindeiro domingo 2 de febreiro ás 19h. no Auditorio desta vila

Cedida.

 

Entre as compañías participantes no XVI Festival Teatro Entreculturas, que se desenvolverá entre o 31 de xaneiro e o 8 de febreiro no Auditorio de Verín, organizado polo grupo local “La caja de Pandora”; figura a vianesa Sofá Malva de la Sala Rosa, que porá en escena a obra “Arsénico por compasión”.

A súa función está prevista para o vindeiro domingo 2 de febreiro ás 19h. “Arsénico por Compasión” é a comedia máis popular do dramaturgo Joseph Kesselring. Conta a historia de Mortimer Brewster, famoso escritor e crítico teatral, que ve sacudida a súa apacible vida de xeito repentino polo descubrimento dunha macabra revelación familiar. A partir de entón atoparase inmerso nunha espiral de crime e segredos inconfesables. A montaxe de Sofá Malva de la Sala Rosa está dirixida por Jorge Cuquejo e será interpretada por 12 persoas.

Sofá Malva de la Sala Rosa é un proxecto viannés que xurdía o pasado ano 2024 coa intención de construír un grupo de teatro amador na vila de Viana do Bolo, “creando así unha actividade na que público de tódalas idades (ou na súa maioría público adulto) poida desfrutar das propostas que se elaboran dende aí e facer desta unha actividade máis para o desfrute no tempo libre”, explican os seu membros.

 

Back to top button