OurenseÚltima hora

A Confederación Miño-Sil executará a restauración da “Ponte de Soutelo” (Bande)

A Ponte de Soutelo.

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) executará a restauración de “A Ponte de Soutelo” (TM de Bande-Ourense), dentro das actuacións que o Organismo realizará no marco do proxecto europeo POCTEP “ Fronteira Esquecida”.

José Antonio Quiroga, presidente da CHMS, rubricou electronicamente o Convenio de Colaboración para enviar á alcaldesa de Bande, a través do que se determinan as condicións que rexerán o financiamento, redacción do proxecto, posta ao dispor dos terreos, execución e o réxime da posterior entrega ao concello para o mantemento e conservación das obras executadas.

Neste proxecto a CHMS ten como socios á Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e os Municipios lusos de Ponte de Lima, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca e Viana do Castelo.

O proxecto

“Ponte Soutelo” é unha ponte con pilas de pedra, de pequena altura, con 5 ollos, e uns 40 m de longo. As actuacións para executar consistirán na limpeza das pilas e a súa reparación, a execución dun novo taboleiro, a colocación dunha varanda, e a adecuación da zona.

O investimento total necesario para as actuacións estimouse en 100.000 €, a executar na anualidade 2021. Este investimento será asumida na súa totalidade pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, O.A., o 75 % a través de fondos POCTEP e o 25 % restante, con fondos propios deste organismo.

Artigos relacionados

Back to top button