EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A crítica de viños Beth Willard percorre a Ribeira Sacra, con catas e visitas a 19 adegas

Cedida.

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recibía a visita de Beth Willard, crítica de viños e profesional de ampla traxectoria no sector, quen dedicou catro días a coñecer os viños e as adegas desta zona produtiva. A visita, que tivo lugar dende o xoves 7 de novembro ata o domingo 10, incluíu unha cata de 26 viños de diferentes adegas na sede do Consello e un percorrido por 19 adegas situadas nas distintas subzonas da Ribeira Sacra.

O traballo de Beth Willard nesta viaxe enmárcase nas súas actividades como colaboradora da plataforma do xornalista e crítico Tim Atkin. Cunha carreira de máis de 15 anos no ámbito dos viños españois, Willard especializouse na cata, avaliación e análise de viños, e tamén é co-presidenta dos Decanter World Wine Awards, ademais de colaboradora da revista Decanter. Ademais, realiza presentacións e catas de viños españois, sendo membro do Gran Orden de Cabaleiros do Viño.

Ao desprazarse á Ribeira Sacra, Beth Willard buscaba afondar na oferta da D.O. mediante un exhaustivo percorrido polas adegas e unha cata ampla que lle permitiu recoller datos e valoracións de interese. Os resultados deste traballo serán publicados na web de Tim Atkin, unha plataforma que ofrece informes detallados sobre distintas zonas de viño en España e a nivel internacional. Estes informes, elaborados por Atkin e os seus colaboradores, considéranse un recurso de referencia no sector, aportando unha avaliación profesional e actualizada sobre os viños de diversas procedencias.

Para o Consello Regulador, a visita de Willard reforza o interese existente polos viños da Ribeira Sacra e enmárcase no obxectivo de posicionar os seus viños como un referente de calidade e autenticidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button