CulturaCulturaÚltima hora

A cultura da oralidade e o Entrudio de Viana, analizados nunha charla

Será impartida polo investigador vianés Pedro Basalo o vindeiro 11 de abril ás 11h. en Cáceres

Unha das representacións da Comparsa das antigas aldeas de Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Identificar e explicar elementos e saberes propios dunha tradición oral como é o Entrudio de Viana do Bolo. É o obxectivo dunha charla que o investigador vianés Pedro Basalo impartirá o vindeiro venres 11 de abril na Facultade de Filosofía e Letras (UEx-Cáceres) baixo o título “O Entrudio de Viana do Bolo e a cultura da oralidade”. A actividade está promovida polos Centros de Estudos Galegos de Cáceres e Padua-Italia (ligados ás universidades de cada cidade).

Por “oralidade”, neste caso, matiza Basalo, “enténdese todo ese saber que non está nos libros e que se transmite de maneira oral, de xeración en xeración. Porque o saber tamén a través da palabra falada”. A charla tamén se poderá seguir vía Zoom.

 

Back to top button