EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra pedirá modificar o seu prego para reducir en tintas o rendemento máximo por hectárea

Esta aprobación no pleno de consello seralle remitida á Consellería de Medio Rural "para a súa tramitación diante do Ministerio de Agricultura, co obxectivo de modificar o de prego de condicións. Esta mediada entrará en vigor para a colleita 2025", segundo se acordaba no pleno do seu consello regulador

Foto: CRDO Ribeira Sacra.

 

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, reunido onte, 18 de decembro de 2024, coa presencia do director xeral do AGACAL, Martín Alemparte Vidal, aprobaba unha serie de medidas que “avanzan no camiño da calidade dos produtos amparados pola DO Ribeira Sacra”.

Entre elas figura, segundo informa o consello regulador, “solicitar unha modificación de prego de condición en canto o rendemento máximo de kg por hectárea en variedades tintas pasando dos 9500 kg por hectárea actuais a 7500 kg/ h.. Esta aprobación se lle remitirá a consellería de Medio Rural para a súa tramitación diante do Ministerio de Agricultura, co obxectivo de modificar o de prego de condicións. Esta mediada entrará en vigor para a colleita 2025”.

Este acordo é, en palabras do presidente do CRDO Ribeira Sacra, Antonio Lombardía Crespo, “un punto de inflexión dentro da estratexia de maximizar a calidade dos nosos viños para poder situalos unha gama de prezos que fagan posible convertín as explotacións vitícolas en rendibles asegurado así a continuidade da viticultura heroica”.

O mantemento dos rendementos nas variedades brancas pode facer “máis atractivo o sobreinxertado a estas variedades en zonas chas mais óptimas para elas, reducindo a cantidade de uvas tintas na DO e axudando de este xeito a preservar as viñas de variedades tintas en bancais”, engade o consello.

Así, aprobouse a limitación de novas plantacións co “obxectivo de que non se poida aumentar o viñedo en chairo, e priorizar a ribeira como eixe da nosa identidade. Nas zonas de bancais só se deixara inscribir novas plantacións en zonas que foran zonas de viñedo tradicional”.

Outro dos acordos tomados é “instar a consellería de Medio Rural a solicitar a colleita en verde para a campaña 2025. De aprobarse esta medida, cremos que pode ser útil a calquera viticultor que o ano que vén non consiga un contrato de compravenda. O importe da axuda é do 50 % da produción e do custo de eliminación do acio que unido a axuda de mantemento da paisaxe, e tendo en conta que non se incorren en gastos de vendima, redúcese moito o traballo é o gasto en tratamentos é menor pode ser unha opción moi atractiva para aqueles viticultores que non atopen comprador mentres non se da axustado oferta e demanda”.

Back to top button